Lcda. Mª del Carmen Aguirre
Naceu en Ferrol (Galicia) no ano 1974 e cursou os estudos de Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela, para se licenciar no ano 2001. Obtivo a suficiencia investigadora tamén na devandita Universidade no ano 2003, vinculada á área de coñecemento de Química Inorgánica. Actualmente está a realizar a súa tese de doutoramento sobre complexos de tiosemicarbazonas derivadas de 2-cianopiridina