Química bioinorgánica - Antitumorais

Complexos metálicos con actividade biolóxica

As tiosemicarbazonas aféctanlle á actividade da ribonucleótido reductasa e, deste xeito, á síntese do ADN. Algunhas delas e os seus complexos, en especial os de cobre (II), presentan unha significativa actividade biolóxica e farmacolóxica, e son eficaces en inhibir o crecemento de células. Por estas razóns, considérase de interese, por unha parte, realizar ensaios sobre citotoxicidade en liñas celulares de tecidos de múridos e humanos e, pola outra, levar a cabo estudos sobre a actividade nucleasa para determinar a eficiencia da ruptura do ADN e ARN en condicións fisiolóxicas.

Ademais, co obxecto de obter compostos cun índice quimioterapéutico superior, no sentido de aumentar a biodispoñibilidade, dunha citotoxicidade meirande e de efectos secundarios máis baixos ca o cis-platino, agora estamos a sintetizar unha nova clase de complexos mixtos de paladio (II) e platino (II) con ácidos α-hidroxicarboxílicos e aminas que, unha vez caracterizados estruturalmente, se avaliarán na súa actividade biolóxica in vitro.
[Pd(MANO)(bipy)]

[Pd(MANO)(bipy)]

[Pt(AcB4DM)(DMSO)]

[Pt(AcB4DM)(DMSO)]