Dr. Isabel García Santos

Dr. Isabel García

Dr. Isabel García

Naceu en Baio (A Coruña) no ano 1971, realizou a licenciatura de Química (Analítica), na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela. Na devandita Universidade obtivo a especialidade en Química Inorgánica e o grao de licenciada no ano 1998.

Acadou o grao de doutora no ano 2001 na Universidade de Santiago de Compostela co traballo de tese titulado: “Comportamento coordinativo e reactividade de tiosemicarbazonas derivadas de 2-piridinformamida con metais dos grupos 10 e 12 en estado de oxidación II”, que realizou baixo a dirección do profesor Dr. Don Alfonso Castiñeiras Campos e da Dra. Elena Bermejo González.

No ano 2002-2003 realizou unha estadía en que gozou de dúas bolsas posdoutorais da Xunta de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela, na Freie Universität de Berlín (Alemaña), baixo a supervisión do Profesor Ulrich Abram, e pola que traballou na síntese e caracterización de tiosemicarbazonas con metais tales como o ouro, o renio, o torio e o uranio.

No ano 2004 incorporouse, cun contrato posdoutoral, á Universidade de Santiago de Compostela para traballar en complexos de ouro (III) con tiosemicarbazonas e realizar estudos da súa actividade anticanceríxena.