As Tiosemicarbazonas son compostos que conteñen o grupo:
Onde a extraconxugación de N4 axuda a estabilizar o débil enlace C=S.
Estes compostos presentan tautomería tiona-tiol:
Polo cal dan lugar a unha dislocación electrónica ao longo da cadea, o que lle confire planaridade a esta.
Fronte a algúns ións metálicos, exhiben unha capacidade coordinativa moi variada, e compórtanse usualmente como ligantes monodentados a través do átomo de xofre tiocarbonilo (I), ou bidentados quelatantes, a través dos átomos de nitróxeno azometina (N1) e xofre (II).
Así mesmo, experimentan unha doada desprotonación, o que incrementa as súas posibilidades coordinativas ata mesmo comportárense como ligantes tridentados ponte, a través dos átomos de nitróxeno azometina, nitróxeno imino (N2) e xofre tiolato (III), sen descartar outras típicas de tiolatos (IV-VI).
Ademais, en presenza de certos ións metálicos, dan lugar, con relativa facilidade, a procesos de ciclación ata 1,3,4-tiadiazoles, 1,2,4-triazolina-5-tionas e 1,2,4-triazinas, ou de descomposición e desulfuración ata ciclooctaxofre, ou os ións sulfato ou tiocianato.
Así mesmo, un número importante de tiosemicarbazonas e moitos dos seus complexos, presentan unha significativa actividade biolóxica e farmacolóxica.
No actual proxecto, realizamos investigacións con tiosemicarbazonas α-‑heterocíclicas derivadas de 2-cianopiridina (VII), 2-cianopirazina (VIII) e do ácido 5-‑acetilbarbitúrico (IX) e compostos derivados.