Enxeñería cristalina

O termo enxeñería cristalina foi cuñado por G. M. J. Schmidt nos anos 70 para consignar o problema da predicción da estrutura cristalina no contexto das reaccións fotoquímicas de estado sólido orgánico dos ácidos cinnámicos. Unha definición máis ampla e significativa da enxeñería cristalina foi dada por G. R. Desiraju en 1989 como o entendemento de interaccións intermoleculares no contexto de empaquetamento cristalino e na utilización do devandito entendemento no deseño de novos sólidos con propiedades físicas e químicas desexadas. A enxeñería cristalina é agora un campo interdisciplinar de rápido desenvolvemento cunha ampla implantación na investigación básica e cunhas aplicacións industriais prometedoras que tamén recollen os esforzos da investigación básica.
[Pd(GLYO)(bipy)] n

[Pd(GLYO)(bipy)] n