Naceu en Santiago de Compostela no ano 1950, cursou os estudos da Licenciatura de Farmacia, na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Na devandita Universidade obtivo o grao de licenciada en Farmacia no ano 1980.
Acadou o grao de doutora no ano 1988 na Universidade de Santiago de Compostela co traballo de tese titulado: Química de Coordinación de bencenocarbotioamidas con ácidos de Lewis, que realizou baixo a dirección do profesor Dr. Don Alfonso Castiñeiras Campos.
Durante os anos 1980-1986 exerceu como profesora axudante de clases prácticas da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1986-‑1987, onde continuou co seu labor docente e investigador, exerceu como profesora encargada de curso, nivel C, da Facultade de Farmacia adscrita ao Departamento de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 1987 é profesora asociada de universidade tipo 3TC de Química Inorgánica da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela. Dende o curso 1995-1996 ata a actualidade impartiu docencia na Licenciatura de Química na Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela.
Nos anos 1992-1993 realizou estadías no Royal College of Surgeons en Dublín (Irlanda) subvencionada pola Xunta de Galicia (España). O proxecto de Investigación desenvolveuse baixo a supervisión do Profesor K. B. Nolan e estivo encamiñado ao estudo do axente antihipertensivo Lisinopril e aos estudos da salicilglicina, un metabolito do analxésico Aspirina.
Colaborou como membro do comité organizador do XIIIth Spanish-Italian Congress on Thermodynamics of Metal Complexes, Santiago de Compostela (2002).