Polímeros de coordinación

Os polímeros de coordinación son un tipo de novos compostos supramoleculares formados mediante a autoensamblaxe de ións de metais de transición e ligantes orgánicos. Estes compostos representan unha nova e activa área da química de coordinación debido ao seu papel especial en materiais magnéticos, materiais ópticos non lineares, catálises, etc.

Para emprender novas investigacións, clasificamos os polímeros de coordinación existentes en cinco categorías:

  • Polímeros de coordinación heterocíclicos.
  • Polímeros de coordinación que conteñen CN
  • Polímeros de coordinación que conteñen ligantes con osíxeno
  • Polímeros de coordinación que conteñen dous tipos de ligantes orgánicos
  • Polímeros de coordinación que conteñen dous tipos de metais
Os nosos esforzos na área dos polímeros de coordinación céntrase no emprego de ligantes que conteñen grupos carboxilato e alcoholato para crear polímeros con mallas 2D e 3D con ións de metais de transición. Estamos particularmente interesados en empregar coligantes para deseñar topoloxías cristalinas específicas adaptadas para a catálise e/ou adsorción de moléculas hóspede.