Síntese de ligantes

Un dos métodos máis empregados para a preparación de heterociclos é mediante a ciclación de compostos orgánicos de cadea linear axeitados. Neste sentido, as tiosemicarbazonas derivadas de aldehidos son substratos especialmente idóneos para a obtención de heterociclos de seis e cinco membros que conteñan tres heteroátomos, tales como 1,2,4-triazol-3-tionas, 1,2,4-triazois e 1,3,4-tiadiazolinas. Particularmente, as tiosemicarbazonas preparadas a partir de nitrilos aromáticos experimentan ademais procesos de condensación intermoleculares para dar lugar a moléculas que conteñen numerosos átomos potencialmente dadores que poden comportarse como ligantes polidentados quelatantes susceptibles de formar complexos polinucleares. Nestes momentos estamos a empregar 2-cianopiridina e 2-cianopirazina como materiais de partida na síntese de tiosemicarbazonas, e comparamos o comportamento destas fronte á ciclación, en presenza de diferentes ións metálicos e a influencia dos substituíntes sobre o átomo de nitróxeno amida na capacidade de ciclación e no tipo de heterociclo final que se obtén.
Pz134tda

Pz134tda

Am124taz

Am124taz

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0