Prof. Dr. Mª del Carmen Gómez
Naceu en Santiago de Compostela (Galicia) no ano 1940, na súa Universidade cursou os estudos de Farmacia, e licenciouse no ano 1971. Na mesma Universidade, doutorouse cunha tese de doutoramento sobre a achega á determinación de fluor en distintos materiais, mediante un electrodo selectivo de ión fluoruro, que realizou baixo a dirección do profesor Dr. Don Florencio Moreno García no ano 1985, tempo durante o que foi profesora axudante de clases prácticas do Departamento de Química Inorgánica da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1987 ata a actualidade é profesora asociada de universidade Tipo 3TC, co que continúa así o seu labor investigador e docente.